“Ulcis”, libro póstumo de Xosé Fernández Ferreiro

Francisco X. Fernández Naval presenta ao Fernández Ferreiro máis surrealista.

No ano 2015, pouco antes da enfermidade final, Pepe comentoume que tiña rematado o libro de relatos de Ulcis e que pensaba falar del con Manuel Bragado, o seu editor, para enviarllo. Pero non lle deu tempo. Xosé Fernández Ferreiro, o escritor e amigo, falecía o 16 de decembro de 2015. Velaí agora, case cinco anos despois, este libro póstumo, con prólogo de Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os contos ou historias de Ulcis constitúen unha das liñas fundamentais na escrita de Fernández Ferreiro. Formaría parte dunha corrente surrealista e alucinada, na que Pepe deixa libre o subconsciente habitado polos mundos míticos e máxicos máis tenebrosos, mundos difíciles de vivir, de abismo e soidade.

Este libro recolle os contos de Ulcis tal e como Xosé Fernández Ferreiro os escribiu, pero tamén un apéndice que reúne todos os textos ulcísticos publicados por el, tanto en galego como en castelán, dende o ano 1955 e abrangue, dese xeito, todo universo dese personaxe mítico que tanto gustaba aos seus compañeiros de Brais Pinto, en particular a Reimundo Patiño e a Méndez Ferrín.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario