Coñézanos
Proxecto Biblos
Máis de vinte anos difundindo cultura a través da revista
Biblos e unha libraría no centro histórico de Betanzos.
A nosa historia
Un proxecto que aposta pola difusión cultural no sentido máis amplo
O CLUBE E REVISTA BIBLOS
2003
O 2 de marzo de 2003, dábase a coñecer Biblos Clube
de Lectores co lanzamento de 278.000 exemplares do
primeiro número da súa revista bimestral, que hoxe é
a máis antiga das publicacións galegas deste tipo.
Dende entón, co Clube ofrecemos as persoas socias
información oportuna e a posibilidade de adquirir
todas as novidades que ofrecen as editoras e a
industria discográfica, ademais de presentar os
principais lanzamentos no campo da lusofonía.
A libraría
2013
O 15 de agosto de 2013 inauguramos a libraría Biblos no corazón do centro histórico de Betanzos e con ela reafirmamos un proxecto que segue apostando pola difusión cultural no sentido máis amplo, atento a ofrecer as últimas novidades editoriais en castelán, galego e portugués e sempre preparado para atender calquera petición no menor tempo posible.
Dotada dunha sala multiusos, a libraría acolle desde a súa apertura infinidade de eventos e actividades abertas a todas as iniciativas, desde as máis diversas exposicións e presentacións artísticas, conferencias, debates, intervencións musicais, obradoiros, cursos, etc.
Unha sala aberta a todas as iniciativas culturais
En Biblos non só vendemos libros. Temos un espazo para exposicións, presentacións, conferencias, debates, intervencións musicais, clubes de lectura, obradoiros e cursos.





