O reino galego, de grande peso en todas as ordes, estivo integrado nunha monarquía plurinacional de forma inestábel desde 1230. Neste Tomo II analízase, desde a perspectiva galega, das opcións e alternativas das súas clases dirixentes, como o reino foi epicentro dun dos bandos confrontados, o lexitimista ou castrista, fronte aos falsos Trastámara, o seu desenlace e as súas consecuencias, na segunda metade do século XIV. A análise histórica dá así pé a que se manifeste a coherencia que movía as clases dirixentes nun intre tan delicado, a súa estratexia política e os seus obxectivos. O autor afonda en cuestións como a saga dos Castro, en especial en Fernando Ruys de Castro, nesta conxuntura crítica, líder indiscutíbel do movemento castrista contra os Trastámara; debulla aspectos do seu programa como a reunificación con Portugal, a alianza cos burgueses e o importante papel das vilas e cidades na conformación progresiva da conciencia nacional galega.
Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza Tomo II. Un Reino con clase dirixente
Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza Tomo II. Un Reino con clase dirixente
| Portada | Ver portada |
|---|---|
| ISBN | 9788494965982 |
Sé o primero en valorar “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza Tomo II. Un Reino con clase dirixente” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.