Medos instintivos ou aprendidos, temores de base irracional ou de fundamento obxectivo, pánico e angunstia, conforman unha parte do catálogo de variacións sobre o sentimento central que motivou a elaboración da escolma Un Terror de Auga Fría, diferenzas marcadas tamén por claves de cerna cultural e condicionadas pola opción estética dos sucesivos períodos históricos e xeracionais .
A selección textual, realizada a partir do corpus da poesía galega desde o Rexurdimento e até hoxe mesmo, reúne un conxunto singificativo e variado de poemas que expresan o sentimento do medo e non repara nin na maior ou menor importancia do papel histórico dos poetas escollidos nin na diferente consideración crítica que tales autores e autoras teñan atinxido.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.