La imagen con verialID c13720 ya existe en WPLa imagen con verialID c13720 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoUn mundo distinto e igual – BiblosClube

Un mundo distinto e igual

Un mundo distinto e igual

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Joseph Hall
ISBN: 9788494653834
Edición: 1ª (decembro 2017)
Páxinas: 260
Dimensións: 135 × 200 cm

16,00 

1 dispoñibles

“Un mundo distinto e igual”, obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en 1605 e distribuída, nun principio, só entre persoas de confianza. Entre as obras satíricas clásicas, a de Hall considérase unha das máis valiosas dende o punto de vista literario. As súas páxinas conteñen un suxestivo e irrisorio catálogo de arquetipos humanos; tal é a fórmula que o autor argallou para disparar –coa arma da ridiculización– contra a corrupta Igrexa católica romana. O mundo que nos presenta está poboado por unha amálgama de necios e fanáticos, de individuos deformes e demasiado seguros de si mesmos, habitantes de territorios imposibles onde os roles tradicionais de homes e mulleres se inverten, onde as sociedades se gobernan por códigos de conduta a todas luces disparatados e os usos e costumes renxen por onde queira que se miren… Porén, trátase dun mundo idéntico ao que se ten por civilizado.
A intrépida viaxe a terra ignota que realiza Mercurio Británico, é unha das máis extravagantes e trouleiras da literatura utópica. Amais, a presente edición en galego permite realizar unha lectura informal ou ben, grazas ao amplo e traballado corpo de notas (tanto do autor coma do tradutor), unha máis sisuda pero non menos gozosa.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Un mundo distinto e igual”