Barcelona, primavera de 1977. Esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia do Estado: o caso Scala. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro nun bar das Ramblas e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.