Tomás, o bromista

Tomás, o bromista

14,00 €

Hai existencias

“Tomás o bromista” reúne todos os ingredientes para gustarlle ao público infantil, invitándoo a que se involucre e sexa partícipe do relato: é un texto narrativo aderezado con rimas, repeticións e fórmulas acumulativas; e sobre todo, o humor, as sorpresas e a creatividade están presentes de principio a fin. O protagonista é un neno traveso ao que lle encanta disfrazarse para gastar bromas a quen vai de visita á súa casa. Reutilizando calquera material usado é quen de ataviarse coma un crocodilo, un león, unha abella, un elefante… Pero quen ri o último, ri mellor, pensan os destinatarios de tantos sustos. O ton lúdico do texto de Jorge Rico Ródenas refórzase coa profusión cromática nas ilustracións de Anna Laura Cantone, que combinan a técnica do collage de obxectos e texturas, a acuarela, os lapis e as ceras de cores. Os seus personaxes son grotescos e extravagantes, bosquexados con trazos finos e dinámicos. Diversión e desenfado nun álbum que vai de sobresalto en sobresalto.

Tomás, o bromista

Autor Jorge Rico Ródenas
Portada Ver portada
Editorial Kalandraka Editora
ISBN 9788484643692
Colección Demademora
Edición 2ª (febreiro 2024)
Idioma orixinal Español, Castellano
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Tomás, o bromista”