La imagen con verialID c12667 ya existe en WPLa imagen con verialID c12667 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoTes cinco minutos #1 – BiblosClube

Tes cinco minutos #1

Tes cinco minutos #1

Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de “tedes cinco minutos”, para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos… pero era divertido dicilo e que servise para botar a imaxinación a andar.
O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveu nas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano 2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas. En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que moitos chaman Literatura.
Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados a facer grandes cousas entre as letras de nós.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria
Autor: VV. AA.
ISBN: 9788491516071
Edición: 1ª (2021)
Páxinas: 130
Dimensións: 135 × 210 cm

14,75 

1 dispoñibles

Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de “tedes cinco minutos”, para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos… pero era divertido dicilo e que servise para botar a imaxinación a andar.
O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveu nas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano 2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas. En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que moitos chaman Literatura.
Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados a facer grandes cousas entre as letras de nós.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Tes cinco minutos #1”