Estes relatos de Isabelle Eberhardt non son notas de viaxe nin diarios, senón que teñen un compoñente ficcional. Eberhardt traza siluetas de homes pasionais -mesmo violentos- e mulleres submisas, mais uns e outras silandeiros, discretos, soñadores, hospitalarios e, por riba de todo, temorosos de Deus. Fronte a eles, as siluetas altivas dos seus colonizadores. Para os alxerianos, os relatos de Eberhardt son unha fonte de información sobre os usos e costumes de comezos do século xx, dado que a autoridade colonial se encargaba de anular todo vestixio da súa acción. A autora (Suíza, 1877) achega Occidente e o mundo árabe, ao transmitir con valentía ideas fermosas e avanzadas para o seu tempo, que non foron recoñecidas ata máis tarde. Tradución do francés, introdución e notas de Fernando Domènech Rey.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.