É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En Sibila nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.
Sibila

18,95 €
Sibila
| Autor | Rosa Aneiros |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
| ISBN | 9788491218913 |
| Edición | 1ª (2021) |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.