La imagen con verialID c13084 ya existe en WPLa imagen con verialID c13084 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoPopsía Vol. I – BiblosClube

Popsía Vol. I

Popsía Vol. I

Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é “Popsía” o novo disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de tódolos tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como ”Negra sombra”. Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora. Rimas de sempre a ritmos bailábeis para encher a mente de enerxía positiva. Acompañan a Fran Amil nesta xeira un grupo de brillantes músicos que sacan o mellor dos seus instrumentos (guitarras, saxo, trompeta, pandeireta, gaita, teclados, violín e baixo, entre outros). Carlos Amil fíxose cargo da produción musical. Este proxecto augura ser de longo percorrido. De aí que o título do disco leve emparellado o prometedor desafío de ser o “Volume I”.

12,00 

2 dispoñibles

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Popsía Vol. I”