Poemas bestas e outros bechos

Poemas bestas e outros bechos

«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019
ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman unha proposta poética global na que esta segunda parte dá un paso máis elevando o nivel de lectura. Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra,
na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos
poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Maite Mutuberria,Leire Bilbao
ISBN: 9788413431048
Edición: 1ª Outubro 2021
Páxinas: 72

15,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

«Poemas bestas e outros bechos» é o poemario irmán maior de «Bechopoemas e outras bestas» (KALANDRAKA), galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017, o Premio Kirico 2019
ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, e o 3o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2019 na mesma. Xuntos forman unha proposta poética global na que esta segunda parte dá un paso máis elevando o nivel de lectura. Os protagonistas volven a ser criaturas que habitan na terra,
na auga e no aire. A rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos adaptados polo tradutor Isaac Xubín destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas e os xogos de palabras a base de diálogos
poéticos, concatenacións, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, que tamén presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación, enxeño e sentido do humor.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Poemas bestas e outros bechos”