Preto da frontera as partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios. Na trama acompañamos a unha destas contrapartidas, co Capitán, o Sentado, o da cicatriz e o mozo, nunha razzia tensa e violenta, a través dunha terra feraz e húmida, na que o xuíz Núñez se presenta como o novo e caprichoso patrón.
Perder as bestas
Perder as bestas
| Autor | Manuel Veiga Taboada |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
| ISBN | 9788411103381 |
| Colección | Narrativa |
| Edición | 1ª (2023) |
| Número de colección | 511 |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Perder as bestas” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.