Un álbum tenro e poético sobre a maternidade. Osa está soa e coa chegada do frío e do inverno busca un bo lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho, a súa tripa axítase e non é de fame. Unha nova primavera chegará para Osa e agora xa non estará soa. As ilustracións de Lucía Cobo, delicadas, metafóricas e de gran forza poética e narrativa, presentan a maternidade como un acontecemento natural e sereno, un momento único de especial conexión entre unha nai e a súa cría.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.