O pito cairo

O pito cairo

14,00 

So quedan 1 dispoñibles

“O pito cairo” é un conto popular portugués de estrutura rítmica, repetitiva e circular; axustado ás esixencias da lectura, pero que conserva a frescura da oralidade. No relato sucédense unha serie de acontecementos fantásticos, acumulativos e regresivos.
Ante o descubrimento dunha enorme fortuna, o pito cre que, entregándolle esas riquezas ao rey, gañará a súa simpatía.
Como moitos poderosos que non actúan coa xustiza debida e coa xenerosidade agardada, o monarca desta historia resulta ser o perfecto exemplo da avaricia e da mesquindade.
Finalmente, todo se resolve grazas á astucia do poliño para burlar o rei e á habilidade doutros personaxes que se cruzaran no seu camiño.
Co seu estilo característico, Helle Thomassen crea un conxunto de ilustracións de trazos pouco definidos que destacan polo colorido, a expresividade e o sentido do humor. As accións
transcorren en espazos diversos, enmarcadas ou integradas no texto.

O pito cairo

Autor Marisa Núñez Folla
Portada Ver portada
Editorial Kalandraka Editora
ISBN 9788495123855
Colección Demademora
Edición 1ª ed., 1ª imp.
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O pito cairo”