Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. De novo o inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha apaixonante investigación, na que todo apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade. Nunha carreira contra o reloxo, Abad e Barroso deberán dar o mellor deles para evitar un novo asasinato entre un mar de mentiras, segredos e desconfianzas. Esta é a terceira novela policial da autora e nela Abad e Barroso volven ser os personaxes centrais, ao igual que acontecera en Beleza Vermella (2019) e en A vida secreta de Úrsula Bas (2021).
O home que matou a Antía Morgade
O home que matou a Antía Morgade
| Autor | Arantza Portabales |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Galaxia |
| ISBN | 9788491519676 |
| Colección | Literaria |
| Edición | Febreiro 2023 |
| Número de colección | 470 |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “O home que matou a Antía Morgade” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.