A acción sitúase en 1880. O protagonista, Tziritokostas, é un esmoleiro profesional, procedente dunha rexión do Peloponeso fértil en mendicantes, que chega á aldea de Nychteremi, en Tesalia, un territorio acabado de incorporar ao Estado grego pero aínda ancorado na época otomá. Nese lugar aproveitará para poñer en práctica as artes do seu oficio -o disfrace, o finximento, o calote…-, aproveitándose da extrema pobreza e do carácter supersticioso das súas xentes. O esmoleiro é unha destacada mostra da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas, autor influído polo estilo de Zola e dos escritores rusos. A tradución é de Alfonso Blanco.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.