Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten. A cambio, a árbore déixalle facer casa nun furado da cortiza. De veciñanza teñen unha familia de esquíos, un leirón cobizoso ben metidiño no seu cuarto preparándose para superar sen problemas o inverno e un moucho moi pequeno que chama tal cal así, moucho pequeno. Esta enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal, entre outras o feito de que as árbores son o fogar de artistas que poden competir coas mellores escultoras humanas.
Nos furados das árbores

Editorial: Baía Edicións
Autor: Markéta Spacková,Ekaterina Kolesnikova (il.)
ISBN: 9788499953496
Páginas: 24
19,85 €
1 dispoñibles
Sé o primero en valorar “Nos furados das árbores” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.