Ningúen contará a verdade

Ningúen contará a verdade

25,95 €

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por andar sempre querendo investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación… Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.
«Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.

Ningúen contará a verdade

Autor Pedro Feijoo
Portada Ver portada
Editorial Edicións Xerais de Galicia
ISBN 9788411104326
Colección Narrativa
Edición 1ª (outubro 2023)
Número de colección 517
Idioma orixinal Gallego
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ningúen contará a verdade”