Medos

Medos

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos… Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos. Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medo que nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen de soportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temos medo porque aínda non estamos mortos.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Héctor Carré
ISBN: 9788491219156
Edición: 1ª xullo 2021
Páginas: 224

19,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos… Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos. Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medo que nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen de soportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temos medo porque aínda non estamos mortos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Medos”