Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro...

Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro...

Editorial: aCentral Folque. Centro galego de música popular
Colección: Chave mestra
Autor: Xulia Feixoo
ISBN: 9788494059896
Páxinas: 134
Dimensións: 145 × 205 cm

20,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por tocadoras femininas. Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.
Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, chiqui-chiquis e rumbas.
É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro…”