La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

23,50 €

So quedan 1 dispoñibles

Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. «La flor» (1857), «A mi madre» (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e traducións, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, enriquecen e completan un proxecto de sólida envergadura e acaban de perfilar con sorprendentes achegas unha figura única e irrepetible das letras galegas e españolas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de «La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións» ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

Autor Rosalía de Castro
Portada Ver portada
Editorial Edicións Xerais de Galicia
ISBN 9788411103664
Colección Xerais clásicos
Edición 1ª Xuño 2023
Número de colección 29
Idioma orixinal Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións”