Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado

Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo.
Recorrendo á memoria persoal, “Isto SI é un Home” é ademais a confesión emocionante dun autor que propón o reto de seguir o seu exemplo e facerse homes feministas. Está nestas páxinas, polo tanto, o Francisco Castro máis vitalista, provocador e descarnado que non dá opcións á indiferenza apelando aos machistas e totalitarios e que, polo tanto, nos pide ser valentes para cambiar o mundo.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Feminismos
Autor: Francisco Castro
ISBN: 9788491517979
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 180

19,20 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio onde o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexable tendencia á infelicidade. Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciables de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para quen desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI, a chamada Cuarta Onda do Feminismo.
Recorrendo á memoria persoal, “Isto SI é un Home” é ademais a confesión emocionante dun autor que propón o reto de seguir o seu exemplo e facerse homes feministas. Está nestas páxinas, polo tanto, o Francisco Castro máis vitalista, provocador e descarnado que non dá opcións á indiferenza apelando aos machistas e totalitarios e que, polo tanto, nos pide ser valentes para cambiar o mundo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Isto SI é un Home. Unha mirada masculina contra o patriarcado”