La imagen con verialID c12978 ya existe en WPLa imagen con verialID c12978 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoIsidro Novo. Poesía galega reunida (1991-2017) – BiblosClube

Isidro Novo. Poesía galega reunida (1991-2017)

Isidro Novo. Poesía galega reunida (1991-2017)

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Letras galegas. Clásicos
Autor: Isidro Novo
ISBN: 9788491516262
Edición: 1ª (2021)
Páxinas: 486
Dimensións: 132 × 190 cm

23,00 

1 dispoñibles

Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia, tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma “Carne de can” ou “Un escuro rumor tralo silencio”.
Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos.
Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do “xograr da gravidade” ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Isidro Novo. Poesía galega reunida (1991-2017)”