Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia, tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma “Carne de can” ou “Un escuro rumor tralo silencio”.
Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos.
Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do “xograr da gravidade” ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.