A ollada dislócase e faise especular, diríxese para o interior: “cristais arrodeándonos cuxo reflexo / non quereriamos mirar aos ollos”. Dende aí, ‘Interan’ explora un percorrido a través das formas invisibles que habitan a casa, a través do “frío de corvos” dos desaparecidos, do peso das perdas que se pousan ou que transcorren espectralmente arredor de nós. E dende a plena contemporaneidade, ‘Interna’ transita espazos que xa nunca volverán ser os mesmos, comunícase con interlocutores ausentes, achégase aos territorios da extinción. E ingresa.
Un dos poemas deste libro conclúe con versos que semellan agasallarnos un presaxio, unha visión do mundo Interna: “Arestas de albas nazarenas / caen”. Así enuncia e nos leva á noite Oriana Méndez.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.