O autor bonaerense (1956) asentado en Vilagarcía desde os oito anos, acada un novo premio que engadir aos seus xa moitos recoñecementos co Torre de Caldaloba na súa segunda edición. Nesta obra, o poeta e tamén pintor achega 27 poemas cos que pousa unha ollada renovada sobre os grandes interrogantes do ser humano: o pasar do tempo, o amor, a morte… O xurado destacou nesta obra a “sólida arquitectura versal”, a “forza dos símbolos empregados” e o “amplo caudal de intertextualidades” das composicións poéticas.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.