La imagen con verialID c13012 ya existe en WPLa imagen con verialID c13012 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoGobseck – BiblosClube

Gobseck

Gobseck

A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cando adopta o título e a trama definitivos. A historia arrinca no salón da vizcondesa de Grandlieu, no inverno de 1829-1830. Esta advirte a súa filla de dezasete anos dos perigos que encerraría a nivel social un posible amorío con Ernest de Restaud. Derville inmíscese entón na conversa co propósito de demostrar a idoneidade do pretendente e relata os tempos nos que coñeceu o implacable usureiro Gobseck. Balzac aposta por unha complicada técnica de enunciación: o relato principal que serve de marco xeral e decorre no salón dos Grandlieu, na voz dun narrador externo, dá paso á longa narración de Derville en primeira persoa, a cal acolle á súa vez a biografía de Gobseck, prototipo do avaro. En tradución de Isabel Soto.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Honoré de Balzac
ISBN: 9788412259353
Edición: 1ª (2021)
Páxinas: 92
Dimensións: 135 × 200 cm

13,00 

1 dispoñibles

A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cando adopta o título e a trama definitivos. A historia arrinca no salón da vizcondesa de Grandlieu, no inverno de 1829-1830. Esta advirte a súa filla de dezasete anos dos perigos que encerraría a nivel social un posible amorío con Ernest de Restaud. Derville inmíscese entón na conversa co propósito de demostrar a idoneidade do pretendente e relata os tempos nos que coñeceu o implacable usureiro Gobseck. Balzac aposta por unha complicada técnica de enunciación: o relato principal que serve de marco xeral e decorre no salón dos Grandlieu, na voz dun narrador externo, dá paso á longa narración de Derville en primeira persoa, a cal acolle á súa vez a biografía de Gobseck, prototipo do avaro. En tradución de Isabel Soto.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gobseck”