Gárgolas de Compostela

Gárgolas de Compostela

Editorial: Alvarellos Editora
Autor: Benxamín Vázquez González,Xaime Cortizo
ISBN: 9788418567315
Edición: Xaneiro 2023
Páginas: 146

16,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O xornalista Benxamín Vázquez, que tantas décadas leva paseando todas as rúas composteláns, alíase co fotógrafo Xaime Cortizo, outro namorado da capital galega, para nos facer ver a singularidade da que podería ser a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas -enigmáticas, divertidas, transgresoras- que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente. Son “caprichos de canteiro”, en palabras do autor, porque o feito de ocupar o espazo máis afastado da rúa deulle liberdade total aos seus creadores, sen censuras, para tallar nelas todo tipo de animais fabulosos, antropoides satíricos, monstros mitolóxicos, anxos humanizados… Inclúe un plano de localización de todas elas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gárgolas de Compostela”