Inserido nas coordenadas da vangarda enxebre, Delgado Gurriarán é autor dunha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas, mais que tamén participa da poesía de combate e denuncia social. Este volume inclúe Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986), así como un monllo de textos aparecidos en publicacións periódicas que confirman un autor que non só continúa o ronsel iniciado por Amado Carballo, senón que presenta variados estilos e temáticas. Esta rigorosa edición da súa obra poética, que recompila toda a produción lírica coñecida do autor valdeorrés, estivo ao coidado do profesor e crítico Xosé Ramón Pena, que leva a termo unha ampla e minuciosa análise da obra de Delgado Gurriarán, así como da fixación dos textos.
Florencio Delgado Gurriarán. Obra poética

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Florencio Delgado Gurriarán,Xosé Ramón Pena (Ed.) Pena
ISBN: 9788411100601
Edición: Febreriro 2022
Páxinas: 440
19,95 €
Esgotado
Sé o primero en valorar “Florencio Delgado Gurriarán. Obra poética” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.