Esmeraldina, a pequena defunta

Esmeraldina, a pequena defunta

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

15,08 

1 dispoñibles

Unha historia de medo e humor macabro que se pode ler antes ou despois de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, obra galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Esmeraldina vive feliz nun hotel do Salvaxe Oeste aprendendo os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda. Un andazo de febre acaba coa vida da nena e a partir de aí terá que aprender a ser unha pantasma de verdade.

Esmeraldina, a pequena defunta

Autor Ledicia Costas
Portada Ver portada
Editorial Edicións Xerais de Galicia
ISBN 9788499149998
Colección Merlín
Edición 1ª (marzo 2016)
Número de colección 250

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Esmeraldina, a pequena defunta”