Escarlatina, a cociñeira defunta

Escarlatina, a cociñeira defunta

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. 13ª edición – Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 – Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 – Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 – Lista de Honra do IBBY, 2016 – Recomendado pola “Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade” da Xunta de Galicia

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
Autor: Ledicia Costas
ISBN: 9788499147390
Edición:
Páginas: 176

12,95 

1 dispoñibles

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Escarlatina, a cociñeira defunta”