O poema envólveme en soidades
que non esvare da pel
ou se dilúa nas augas do río
no letargo modelo o inicio do día
unha cidade de arxila baixo a derme
un manto de turba na liña da ferida
trazo un corpo coma ánfora de cinza
un exército de caldeiróns
sentinelas na continuidade do fío
sobrevivo a cada noite
a cada ruína
esmáganme as palabras
e o espazo branco do soño
inmóbil no interior do círculo
escorre o silencio nun relanzo de escamas

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.