Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela - A Coruña

Esta publicación achega a historia do vello camiño de ferro entre Compostela e A Coruña inaugurado tardiamente no 1943. As súas páxinas abarcan unha breve cronoloxía da súa construción, a descrición pormenorizada do percorrido e unha reseña do proxecto da Vía Verde entre A Sionlla e Cerceda. Os apartados anteriores conxúganse coa creación literaria: textos breve3s, reflexións, fotopoemas…porque o mundo dos trens sempre foi un tema recorrente nas artes, especialmente no audiovisual e na literatura.
Nas fotografías móstranse admirábeis obras de enxeñaría e arquitectura: estacións, túneles, pontes…situadas no medio da nada debido a que a vía xa non existe ou está fóra de servizo.
Este traballo prente dar a coñecer unha parte do patrimonio ferroviario, pero tamén os lugares de paso e as persoas que quedaron atrás, co billete na man, agardando por un tren que nunca máis volverá pasar.

Editorial: Asociación Cultural Obradoiro da História
Autor: Manuel Pazos Gómez
ISBN: 9788409229475
Edición: 1ª (2020)
Páxinas: 196

12,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Esta publicación achega a historia do vello camiño de ferro entre Compostela e A Coruña inaugurado tardiamente no 1943. As súas páxinas abarcan unha breve cronoloxía da súa construción, a descrición pormenorizada do percorrido e unha reseña do proxecto da Vía Verde entre A Sionlla e Cerceda. Os apartados anteriores conxúganse coa creación literaria: textos breve3s, reflexións, fotopoemas…porque o mundo dos trens sempre foi un tema recorrente nas artes, especialmente no audiovisual e na literatura.
Nas fotografías móstranse admirábeis obras de enxeñaría e arquitectura: estacións, túneles, pontes…situadas no medio da nada debido a que a vía xa non existe ou está fóra de servizo.
Este traballo prente dar a coñecer unha parte do patrimonio ferroviario, pero tamén os lugares de paso e as persoas que quedaron atrás, co billete na man, agardando por un tren que nunca máis volverá pasar.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chegadas, saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña”