Un lóstrego bate enriba de Domènec, o poeta-labrego, que morre de inmediato. O lapso fugaz entre a vida e a morte marca esta historia de historias na que se mesturan pasado, presente e futuro; onde conviven realidade e ficción, historia e mitoloxía. «Canto eu e a montaña baila» é unha novela coral na que toman a palabra mulleres e homes, nubes e fungos, osos e cervatos
que habitan entre Camprodon e Prats de Molló. Nesta zona do Pirineo catalán consérvase a memoria de séculos de loita pola supervivencia, de persecucións e de guerras fratricidas.
Mais encarna tamén unha beleza propicia para liberar a imaxinación e contar historias; onde comezar de novo e acadar unha certa redención.
Canto eu e a montaña baila
Canto eu e a montaña baila
| Autor | Irene Solá |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Faktoria K de Libros |
| ISBN | 9788416721832 |
| Edición | 3ª (setembro 2024) |
| Idioma orixinal | Catalán |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Canto eu e a montaña baila” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.