Álex e o rato de corda

Álex e o rato de corda

Este clásico de Leo Lionni, publicado por primeira vez en 1969, é a historia de Álex e Guille, dous ratos de distinta natureza -un de carne e óso; outro mecánico- unidos pola amizade.
Esa diferenza non é obstáculo para que se fagan compañía, compartindo aventuras e felicidade.
O rato de xoguete non bota de menos a liberdade de moverse ao seu antollo porque se sinte querido pola nena da casa. Non obstante, farto de que o persigan coa vasoira, Álex daría calquera cousa por acadar o afecto do que carece.
A maxia da lúa preséntaselle ao ratiño maltratado como a oportunidade de ser igual ao seu amigo, cheo de abrazos malia renunciar á súa capacidade para moverse por si mesmo.
Finalmente, Álex dáse conta do efémero que era o afecto do que Guille presumía e, nun acto de xenerosidade, pide para o seu amigo un desexo que procurara inicialmente para el.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Tras os montes
Autor: Leo Lionni
ISBN: 9788484643104
Edición: 1ª (maio 2017)
Páxinas: 40

15,00 

1 dispoñibles

Este clásico de Leo Lionni, publicado por primeira vez en 1969, é a historia de Álex e Guille, dous ratos de distinta natureza -un de carne e óso; outro mecánico- unidos pola amizade.
Esa diferenza non é obstáculo para que se fagan compañía, compartindo aventuras e felicidade.
O rato de xoguete non bota de menos a liberdade de moverse ao seu antollo porque se sinte querido pola nena da casa. Non obstante, farto de que o persigan coa vasoira, Álex daría calquera cousa por acadar o afecto do que carece.
A maxia da lúa preséntaselle ao ratiño maltratado como a oportunidade de ser igual ao seu amigo, cheo de abrazos malia renunciar á súa capacidade para moverse por si mesmo.
Finalmente, Álex dáse conta do efémero que era o afecto do que Guille presumía e, nun acto de xenerosidade, pide para o seu amigo un desexo que procurara inicialmente para el.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Álex e o rato de corda”