Roberto Mera narra a odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó e recupera a proeza dun home íntegro e entregado aos demais. Na Europa ocupada polos nazis, miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles, Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 – México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego. Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas a distintos países de América, na súa maioría a México. Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.