Ana Romero, doutora en Historia pola Universidade da Coruña, e Xulia Santiso Rolán, Licenciada en Museoloxía pola USC e experta na figura de Emilia Pardo Bazán, trazan unha homenaxe ao colectivo de traballadoras máis caracterizado da Coruña, coincidindo co centenario do falecemento da autora que captou en La Tribuna as vivencias dun colectivo convertido na época en forza cívica. O libro recolle entrevistas a dez cigarreiras, un eixe cronolóxico de datas significativas na historia da Fábrica de Tabacos da Palloza, fotografías e un extenso relato da historia das instalacións dende 1804.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.