A realidade

A realidade

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Manuel Darriba
ISBN: 9788491218012
Edición: 1ª Febreiro 2021
Páxinas: 112
Dimensións: 155 × 230 cm

17,00 

2 dispoñibles

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras. Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba (Sarria, 1973) compón unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir. Guionista, poeta e narrador, traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A realidade”