A ponte sobre o Drina

A ponte sobre o Drina

Editorial: Rinoceronte Editora
Autor: Ivo Andric
ISBN: 9788417388829
Edición: 1ª xullo 2022
Páginas: 368

21,90 

2 dispoñibles

Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Unha ponte que marca a vida das xentes que habitan na súa bisbarra, e que nun mundo inestábel e axitado é o seu maior e máis prezado tesouro, testemuña das mudanzas dunha terra asentada entre dúas culturas, en constante e dramática evolución. Un universo de visires, comerciantes, labregos e soldados rodea a ponte, protagonista muda desta crónica de 300 anos. A ponte sobre o Drina é un cartafol cheo de relatos sobre a vida e os costumes do corazón de Europa, dende os comezos do dominio otomán até o estoupido da Primeira Guerra Mundial,
con exemplos de pacífica convivencia entre as relixións e momentos de violencia desapiadada como fondo, nunha historia que conduce ao máis profundo de Bosnia. Tradución do serbio de Jairo Dorado Cadilla

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A ponte sobre o Drina”