A pedra de ámbar gris

A pedra de ámbar gris

Editorial: Edicións Morgante
Autor: Noa Setemuíños
ISBN: 9788415166863
Edición: 1ª Xaneiro 2021
Dimensións: 135 × 213 cm

21,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Co pano de fondo da actividade baleeira en Galicia desde os momentos de máximo esplendor deica a súa desaparición e a fascinante historia do emporio creado por varias xeracións da familia Massó arredor dela e da conserva, Noa Setemuíños (Vigo, 1978) ofrécenos na súa segunda novela unha trama na que se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas. A autora, criada entre as rúas griseiras das Travesas, polos carreiros do Rosal e nas páxinas dos libros, estudou Filoloxía Hispánica, Galega e Románica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que vive dende entón cos seus. Traballa no ensino como profesora de Lingua Galega e Literatura. A súa primeira novela, O ocaso da familia Portela (Barbantesa, 2015), foi traducida ao castelán e publicada por Pulp Books. Desta nova achega literaria di que é unha historia nacida da caricia das ondas nos pés na praia de Pinténs, no Morrazo, nos veráns da infancia.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A pedra de ámbar gris”