A neve interminable

A neve interminable

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de xogo
Autor: Agustín Fernández Paz
ISBN: 9788499148380
Edición: 1ª (abril 2015)
Páginas: 192

12,95 

1 dispoñibles

Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará “As fronteiras do medo”. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A neve interminable”