Gloria Steinem tivo unha infancia itinerante. Cando era pequena, o seu pai adoitaba meter a toda a familia no coche e conducir, cada outono, ao longo de Estados Unidos en busca de aventuras para gañar a vida. E así se plantou a semente: Steinem deuse conta de que crecer non tiña por que significar estar sempre no mesmo lugar e comezou unha vida dedicada a viaxar, ao activismo e ao liderado, a escoitar as voces de quen inspira o cambio e a revolución. A miña vida nas estradas é a historia amena, conmovedora e profunda de como Gloria foi medrando, e con ela tamén creceu o movemento revolucionario pola igualdade, dende a súa primeira experiencia de activismo feminista na India ao seu traballo como xornalista nos anos sesenta; do bulebule das campañas electorais á fundación da revista Ms. En tradución de Raquel Senra.
A miña vida nas estradas
A miña vida nas estradas
| Autor | Gloria Steinem |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Hércules Ediciones |
| ISBN | 9788418966668 |
| Edición | 1º (2023) |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “A miña vida nas estradas” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.