Crendo chegada a súa derradeira oportunidade para gozar do amor, un adiñeirado vello, con todas as contradicións e manías que lle corresponden por idade e por clase social, e que amais se lucra coas desgrazas derivadas da Primeira Guerra Mundial, aventúrase na sedución dunha fermosa moza tras coñecela no tranvía de Trieste. O relato aborda un tema recorrente na literatura de todos os tempos: as relacións sentimentais entre persoas de distintas xeracións, onde entran en xogo valores como a condescendencia e o paternalismo e, neste caso, tamén eivas como a hipocrisía. O ancián tira partido, mesmo intelectual, da situación, e chega a manexar, no seu beneficio e exculpación, a necesidade de amparo ante as dificultades da vida. O relato salienta pola utilización de técnicas narrativas do que se entende por escritura moderna, pola inclusión constante de frases sintéticas e memorables e por unha prosa decantada con esmero, con toques de ironía e un humor cruento no retrato da situación. Traducido por Isabel Soto.
A historia do bondadoso vello e da fermosa moza

12,00 €
1 dispoñibles
A historia do bondadoso vello e da fermosa moza
| Autor | Italo Svevo |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Hugin e Munin |
| ISBN | 9788412259384 |
| Edición | 1ª Novembro 2021 |
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.