A escritora

A escritora

Relato recollido en 1802 na recompilación Nouveaux contes moraux et nouvelles historiques, disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa. A protagonista é Natalie, unha moza viúva e cultivada que dá renda solta ao seu gusto por escribir, froito do seu espírito curioso e a súa grande imaxinación. Malia as advertencias da súa asisada irmá Dorothée, quen lle recomenda que manteña a súa afección na esfera privada, temorosa de que a fantasía comprometa a súa reputación, Natalie publica as súas obras e acada axiña éxito e recoñecemento. Por mor da súa crecente celebridade e tras varias peripecias sentimentais, a protagonista terá que sacrificar a súa historia de amor con Germeuil, quen, a pesar de amala, se sente traizoado pola súa fama. A historia ilustra con ironía as dificultades coas que batían as mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX, poñendo en escena dous papeis femininos contrarios neste contexto: o de Dorothée, consagrada á familia e boa esposa; e o de Natalie, amante do coñecemento e a liberdade.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Madame de Genlis
ISBN: 9788412128086
Edición: 1ª Outubro 2020
Páginas: 76

8,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Relato recollido en 1802 na recompilación Nouveaux contes moraux et nouvelles historiques, disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa. A protagonista é Natalie, unha moza viúva e cultivada que dá renda solta ao seu gusto por escribir, froito do seu espírito curioso e a súa grande imaxinación. Malia as advertencias da súa asisada irmá Dorothée, quen lle recomenda que manteña a súa afección na esfera privada, temorosa de que a fantasía comprometa a súa reputación, Natalie publica as súas obras e acada axiña éxito e recoñecemento. Por mor da súa crecente celebridade e tras varias peripecias sentimentais, a protagonista terá que sacrificar a súa historia de amor con Germeuil, quen, a pesar de amala, se sente traizoado pola súa fama. A historia ilustra con ironía as dificultades coas que batían as mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX, poñendo en escena dous papeis femininos contrarios neste contexto: o de Dorothée, consagrada á familia e boa esposa; e o de Natalie, amante do coñecemento e a liberdade.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A escritora”