A casa grande de Romarigães

A casa grande de Romarigães

Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción a mediados do século XVII ata a súa decadencia e abandono a finais do século XIX. E é tamén a historia de Portugal dende a súa independencia de España, pasando pola invasión francesa, a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos militares. A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e refinado que mestura linguaxe erudita e a popular, desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres que ao longo de case tres séculos acumulan relacións prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns, heroes ou mortes estrañas. Escrita en 1957, “A casa grande de Romarigães” é un espello fascinante da historia moderna de Portugal e, por extensión, do resto de Europa: a confrontación entre a servidume da vida rural baixo a hexemonía do clero e a nobreza. En tradución de María Alonso Seisdedos.

Editorial: Faktoria K de Libros
Autor: Aquilino Ribeiro
ISBN: 9788419213044
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 360

18,00 

1 dispoñibles

Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción a mediados do século XVII ata a súa decadencia e abandono a finais do século XIX. E é tamén a historia de Portugal dende a súa independencia de España, pasando pola invasión francesa, a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos militares. A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e refinado que mestura linguaxe erudita e a popular, desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres que ao longo de case tres séculos acumulan relacións prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns, heroes ou mortes estrañas. Escrita en 1957, “A casa grande de Romarigães” é un espello fascinante da historia moderna de Portugal e, por extensión, do resto de Europa: a confrontación entre a servidume da vida rural baixo a hexemonía do clero e a nobreza. En tradución de María Alonso Seisdedos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A casa grande de Romarigães”