A cabana das valquirias e outras pezas

A cabana das valquirias e outras pezas

Editorial: Editorial Toxosoutos
Autor: Xavier Frías Conde
ISBN: 9788412591552
Edición: 1ª (2023)
Páginas: 66

12,00 

1 dispoñibles

Opúsculo de tres obras de microteatro. A cabana das valquirias é a historia dun mesmo home en catro universos paralelos. No primeiro é un importante líder populista, racista e homófobo, que por accidente se topa co seu ego do segundo universo, que é un sabio homosexual. A desvendedora é a historia dun home que vive alleo ao seu pasado, mais que, grazas a unha “desvendedora” que lle “desvende” certo produto, retorna a súa infancia, onde revive o neno que foi coa súa nai e avoa, doente de alzhéimer, mais o problema é que o neno do pasado vén canda el ao presente. A lingua das vacas é a historia dun encontro cunha civilización extraterrestre que esixe que a relación se manteña en galego, unha lingua que o Goberno de Noviberia cría desterrada, aínda que sobrevive.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A cabana das valquirias e outras pezas”