Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o entorno. Nestes tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismo xa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundo, a reflexión amósase como virtude indispensábel. Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo é unha invitación a fuxir da trivialidade para reparar no esencial: investigar e analizar o alcance do Poder, a súa dimensión real dentro da complexidade do mundo actual, profundando na xénese do sistema capitalista neoliberal e no papel das forzas alternativas nesta encrucillada histórica.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.