A singular personaxe desta obra, Manuel de Paderna, xa percorreu vagarosamente a súa tribo natal e todos os recantos da Terra Chá. Fíxoo en dúas obras anteriores de Manuel María: “A tribo ten catro ríos” e “Cando o mar foi polo río”.
Agora, bótase a camiñar de novo e visita as sete cidades do Reino de Galiza e mais Pontevedra. A través de fermosas historias, vainos descubrir a orixe sorprendente dos seus elementos máis emblemáticos…E aínda lle ha quedar tempo para visitar o trasmundo.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.