Unha das escasas traducións ao galego de catro dos contos máis clásicos dun clásico da literatura universal e, por vez primeira, unha completa e coidada escolma da súa poesía romántica.
Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro; co amor, a ausencia e a morte como nexo e razón para que Fernando Mircala seleccione e ilustre unha vintena de versos e algúns contos de Edgar Allan Poe.
Annabel Lee, Helen, Marie Louise Shew… son versos sobre mulleres ausentes, sobre musas, que mostran non só a profunda dor do seu autor pola perda, senón a súa visión romántica da muller e o amor.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.